Emerxencia India Covid-19

A segunda onda da crise sanitaria xerada polo COVID-19 agrava a situación de vulnerabilidade de millóns de persoas na India. Os hospitais do país non teñen capacidade para atender os millóns de persoas infectadas.

emerxencia pechada

Emerxencia India Covid-19

Os medios de comunicación e as redes sociais fanse eco da grave situación que atravesa a India, a peor crise sanitaria que coñece desde a súa independencia en 1947.

Os hospitais do país non teñen capacidade para atender os millóns de persoas infectadas. Os medicamentos non son suficientes, o osíxeno escasea, non hai camas suficientes.

As novas infeccións diarias aumentaron un 350 % desde abril e a cifra vai aumentando dun día para outro. A India representa actualmente o 40 % dos contaxios no mundo. O escenario é moi preocupante e a ameaza de que a situación empeore é moi real.

As ONG xesuítas Alboan e Entreculturas, en colaboración coa Red Xavier, rede internacional de organizacións xesuítas para o desenvolvemento, coordináronse para apoiar a comunidades e persoas que actualmente se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade: comunidades de áreas rurais, de barrios marxinais e poboación migrante.

Levaremos a cabo este traballo da man das nosas organizacións socias nos estados de Gujerat, Tamil Nadu, Delhi, Bihar, Jharkhand, Maharashtra, Andhra Pradesh e Kerala.

A nosa resposta inmediata centrarase en:

  1. Distribución de alimentos.
  2. Entrega de kits de hixiene e protección.
  3. Distribución de material sanitario, medicamentos e apoio ao persoal sanitario local.
  4. Campañas de información e sensibilización para evitar contaxios.
Compartir:

emerxencia pechada

Aberto

Emerxencia Marruecos

Alboan y Entreculturas apoyan desde hace años a la Delegación Diocesana de Migración con proyectos de atención a personas migrantes.

Desde el primer momento tras el terremoto estamos valorando la situación con la red

Máis información
Aberto

Emerxencia Ucraina

A situación en Ucraína segue a empeorar cada minuto. Millóns de persoas xa fuxiron do país en busca de refuxio e espéranse moitos máis. O conflito en Ucraína, que comezou

Máis información