EMERXENCIA LÍBANO

Desde hai máis dun ano, o Líbano vive unha grave crise socioeconómica e política, así como unha crecente tensión nas súas fronteiras, especialmente no sur. Desde o 23 de setembro, vive un momento crítico, despois dos devastadores bombardeos en cidades como Saida, Nabatieh, o val da Bekaa e nalgúns barrios de Beirut.

En Entreculturas e Alboan acompañamos o labor do Servizo Xesuita para os Refuxiados (JRS), que xa iniciou os labores de distribución de artigos básicos de hixiene e colchóns e alimentos para a poboación afectada.

O teu apoio é fundamental.

EMERXENCIA LÍBANO

Desde hai máis dun ano, o Líbano vive unha grave crise socioeconómica e política, así como unha crecente tensión nas súas fronteiras, especialmente no sur. 

Desde o 23 de setembro, vive un momento crítico, despois dos devastadores bombardeos en cidades como Saida, Nabatieh, o val da Bekaa e nalgúns barrios de Beirut. O conflito xa cobrou máis de 1.200 vidas, incluías as de máis de 50 nenos e nenas e 94 mulleres, e deixou máis de 5.278 persoas feridas, segundo as autoridades libanesas.

Isto xerou un desprazamento masivo cara a zonas consideradas máis seguras. Ao redor de 201 000 persoas están desprazadas dentro do país, moitas buscan refuxio nas máis de 390 instalacións temporais, como escolas públicas. Ao mesmo tempo, milleiros de persoas, tanto libanesas como sirias, foxen a Siria para escaparen dos bombardeos.

Dende Entreculturas, Alboan e a Rede Xavier acompañamos durante máis de dez anos o labor do Servizo Xesuíta para os Refuxiados (JRS) no Líbano, tempo no que traballamos en educación, atención psicosocial, aloxamento e medios de vida, atendendo miles de persoas tanto libanesas como refuxiadas doutras nacionalidades en diferentes zonas do país.

Aínda que, por motivos de seguridade, moitos compañeiros do JRS Líbano se visen obrigados a trasladárense, comezamos a distribución de artigos básicos de hixiene e colchóns e a distribución de alimentos nos refuxios próximos aos centros do JRS Líbano localizados nas rexións máis seguras. Ademais, preparamos un espazo para acoller as persoas migrantes -na súa maioría sudanesas- que foron rexeitadas noutros albergues. 

A situación no Líbano é urxente e preocupante. Xunto co JRS, as persoas voluntaria da comunidade migrante e as escolas xesuítas da zona, estamos a traballar arreo para proporcionarlle axuda humanitaria aos miles de persoas desprazadas e afectadas por esta crise.

O teu apoio é fundamental.

 

Se vives no País Vasco ou Navarra podes colaborar das seguintes formas:

  • Transferencia bancaria:  ES54 0182 1290 3302 0150 7630
  • Bizum: 04987 o ALBOAN EMERGENCIAS

 

Se vives no resto de España podes colaborar das seguintes formas:

  • Transferencia bancaria: ES28 0049 0496 8529 1020 2351
  • Bizum: 33375

 

Compartir: