Emerxencias Xesuítas está promovido por Alboan e Entreculturas, as dúas ONG de cooperación internacional da Compañía de Xesús en España.
Desenvolvemos proxectos de cooperación internacional e axuda humanitaria con poboacións en situación de exclusión e vulnerabilidade en América Latina, África, Asia e Europa. Ademais, realizamos accións de sensibilización social, cidadanía global, investigación, incidencia pública e promoción do voluntariado nacional e internacional.
Xuntos traballamos pola transformación social e pola promoción da xustiza no noso mundo. Estamos convencidas de que a educación e a participación son instrumentos poderosos de cambio a favor dun mundo máis xusto, igualitario e sostible.
Alboan es la ONG jesuita de cooperación internacional en Euskadi y Navarra, y comenzó su andadura en 1994, asumiendo las iniciativas de voluntariado internacional que ya estaban en marcha, pero fue en 1996 cuando se configuró jurídicamente bajo la figura de Fundación.
Entreculturas es la ONG jesuita de cooperación que trabaja en el resto de España, comenzó su trabajo en 1985 bajo el nombre de Fe y Alegría España y posteriormente fue configurada como Fundación Entreculturas en 1999.
Desde una identidad compartida y, con el fin de alcanzar un mayor impacto con nuestra acción, ganar en eficiencia e impulsar nuestra capacidad de creatividad e innovación ambas organizaciones hemos alineado nuestro trabajo en torno a cinco causas prioritarias:
GARANTÍA DEL DERECHO UNIVERSAL A UNA EDUCACIÓN DE CALIDAD
DEFENSA DE LA VIDA DIGNA DE LAS PERSONAS MIGRANTES Y REFUGIADAS
PROMOCIÓN DE UNA JUSTICIA SOCIOAMBIENTAL
FORTALECIMIENTO DE LA PARTICIPACIÓN
Y LA CIUDADANÍA GLOBAL
PROMOCIÓN DE LA
EQUIDAD DE GÉNERO

Distribución de materiais de primeira necesidade, como mantas, lonas, roupa, utensilios de cociña e produtos de hixiene.

Distribución de alimentos entre a poboación afectada.

Construción de abrigos con lonas ou instalación de vivendas prefabricadas, que proporcionen protección temporal.

Apoio psicosocial a persoas con trastornos e/ou estrés postraumático.

Reorganizar o sistema educativo e as infraestruturas necesarias para a continuidade do curso escolar no menor tempo posible: apoio ao profesorado, instalación de centros temporais, reconstrución de centros, material educativo...

Distribución de medicamentos e material sanitario.

Asesoramento xurídico para a solicitude de axudas públicas e información sobre os dereitos que asisten á poboación afectada.

Campañas de información sobre os recursos dispoñibles para mitigar o impacto da emerxencia.

Seguimento específico da situación de nenas e mulleres, ante o impacto desigual das consecuencias da emerxencia e o risco de aumento da violencia de xénero, para denunciar e ofrecer apoio.

Apoio a iniciativas que contribúan a recuperar, no menor tempo posible, o tecido económico destruído pola situación que provoca a emerxencia.
Cando se produce unha emerxencia humanitaria provocada por un desastre natural, unha pandemia, un conflito armado ou político, Alboan e Entreculturas, a petición das nosas organizacións aliadas sobre o terreo, activan o protocolo de emerxencia e o chamamento urxente á solidariedade económica da cidadanía.
Nunha crise humanitaria é fundamental actuar con celeridade, por iso, dende Entreculturas e Alboan, dámoslle resposta ás emerxencias de forma conxunta e coordinámonos con urxencia para que o noso chamamento chegue ao maior número de persoas, institucións e empresas posibles e poder multiplicar o alcance da nosa resposta.
A medida que se reciben as doazóns, son asignadas da forma máis rápida e eficiente posible ás nosas organizacións socias sobre o terreo, co fin de axudar os grupos máis vulnerables e reconstruír as comunidades afectadas.
En Alboan e Entreculturas informamos sobre o destino das doazóns que recibimos e elaboramos informes periódicos sobre a resposta á emerxencia a curto, medio e longo prazo.
Todas as contribucións a Alboán e Entreculturas son deducibles fiscalmente. Ambas as entidades emiten un certificado de dedución fiscal polo total das achegas percibidas por cada persoa ao longo do ano.
Activación da emerxencia

Recadación de fondos
Nunha crise humanitaria é fundamental actuar con celeridade, por iso, dende Entreculturas e Alboan, dámoslle resposta ás emerxencias de forma conxunta e coordinámonos con urxencia para que o noso chamamento chegue ao maior número de persoas, institucións e empresas posibles e poder multiplicar o alcance da nosa resposta.
Envío dos fondos recadados
A medida que se reciben as doazóns, son asignadas da forma máis rápida e eficiente posible ás nosas organizacións socias sobre o terreo, co fin de axudar os grupos máis vulnerables e reconstruír as comunidades afectadas.
Informamos sobre o destino dos fondos
En Alboan e Entreculturas informamos sobre o destino das doazóns que recibimos e elaboramos informes periódicos sobre a resposta á emerxencia a curto, medio e longo prazo.
Emitimos certificados de dedución fiscal
Todas as contribucións a Alboán e Entreculturas son deducibles fiscalmente. Ambas as entidades emiten un certificado de dedución fiscal polo total das achegas percibidas por cada persoa ao longo do ano.
Rendición de contas
Alboan e Entreculturas estableceron unha serie de procesos internos de rendición de contas mediante informes periódicos sobre o estado dos programas financiados. Deberán conter basicamente: as actividades realizadas, a poboación beneficiada directa e indirectamente e o grao de cumprimento dos obxectivos previstos.