Emerxencia Ucraina

Dous anos despois do inicio do conflito en Ucraína, a situación segue sendo alarmante. A crise humanitaria persiste, deixando sen fogar innumerables familias e poñendo en risco o acceso á educación infantil. Máis de 14 millóns de persoas se viron obrigadas a abandonar as súas casas, buscando refuxio tanto dentro de Ucraína como nos países veciños, nun intento de fuxir da violencia e da incerteza.

Emerxencia Ucraina

Desde o inicio do conflito, Entreculturas e Alboan, como parte da Rede Xavier e xunto co Servizo Xesuíta a Refuxiados (JRS), estivemos presentes para ofrecer unha resposta de atención, protección, acollida e acompañamento. A día de hoxe acompañamos 100 765 persoas, especialmente en Ucraína, e nos países limítrofes (Hungría, Polonia, Romanía, Eslovaquia e Moldavia), aínda que tamén apoiamos actividades de integración no resto de Europa.

Centrámonos en ofrecer un apoio integral a través de:

  • alimentación e bens de primeira necesidade
  • aloxamento temporal
  • transporte seguro
  • protección e apoio psicosocial
  • asistencia xurídica e apoio educativo
  • servizos básicos de saúde

 

© Sergi Cámara

Educación, integración e vivenda

Mentres a emerxencia continúa, as necesidades das persoas refuxiadas e desprazadas cambiaron e tamén a nosa resposta. Aínda que inicialmente priorizamos as axudas de emerxencia, na actualidade estamos a poñer en marcha accións a longo prazo para conseguir que os nenos recuperen o seu dereito á educación e para garantir a integración das familias nos centros de acollida, incluído o acceso á vivenda e ao traballo. 

A nosa resposta a longo prazo estrutúrase en 5 áreas de actuación que poñen as persoas no centro da intervención: acoller os refuxiados en toda Europa, protexer os seus dereitos, promover a súa participación activa, fomentar a interacción social e integrar e reforzar o noso traballo en rede para ofrecer unha resposta de calidade ás súas necesidades.

Un exemplo son as ‘aulas amigables’, unha iniciativa que busca garantir que os nenos refuxiados ucraínos acollidos nos países veciños sigan tendo acceso á educación. Este programa céntrase en proporcionar un ambiente seguro onde os nenos e nenas poidan continuar os seus estudos e socializar con outros nenos e nenas da súa idade, buscando devolverlle unha sensación de normalidade ás súas vidas.

© Sergi Cámara

Historia de Ainur

“Foi un golpe de sorte depararme coas vosas organizacións. Axúdanme a sentirme unha persoa con futuro, non só un migrante”. Son palabras de Ainur, unha ucraína que tivo que fuxir co seu fillo do conflito armado de Ucraína. O seu fillo estaba aterrorizado polos mísiles e ata polos máis mínimos sons, polo que tomaron a difícil decisión de escapar a Romanía en busca dun lugar máis seguro. Integrarse nun novo país non foi unha tarefa fácil, pero afortunadamente atoparon un centro educativo do JRS Romanía, onde puideron continuar a súa educación e onde atoparon un ambiente acolledor no que retomar a súa infancia.

Resposta en España

En España, en colaboración co Servizo Xesuíta a Migrantes (SJM) e a Rede Mimbre, levamos a cabo diversas accións dirixidas a acoller e sensibilizar e incidir nesta realidade.

O noso enfoque estivo orientado a ofrecer unha primeira acollida e orientación básica aos acababan de chegar, así como a desenvolver proxectos de incorporación e inclusión social e establecer redes comunitarias. Ademais, implantamos programas de hostalaría, como a atención residencial, dirixidos especialmente a persoas en situación de emerxencia ou con maior vulnerabilidade.

O teu apoio é clave

Aínda queda moito por facer, pero a nosa misión é clara: acompañar integralmente as persoas que se viron obrigadas a abandonaren o seu fogar, para que poidan reconstruír a súa vida con dignidade e accederen a un futuro digno.

É urxente acoller e acompañar as persoas afectadas por este conflito. O teu apoio é fundamental. 

Compartir:
Aberto

Emerxencia Marruecos

Alboan y Entreculturas apoyan desde hace años a la Delegación Diocesana de Migración con proyectos de atención a personas migrantes.

Desde el primer momento tras el terremoto estamos valorando la situación con la red

Máis información
Aberto

Emerxencia Ucraina

A situación en Ucraína segue a empeorar cada minuto. Millóns de persoas xa fuxiron do país en busca de refuxio e espéranse moitos máis. O conflito en Ucraína, que comezou

Máis información