Emerxencia Furacán Centroamérica

O furacán Eta golpeou Centroamérica en novembro de 2020, afectando especialmente a Nicaragua, Honduras e Guatemala, onde causou graves danos e inundacións:

emerxencia pechada

Emerxencia Furacán Centroamérica

O furacán Eta golpeou Centroamérica en novembro de 2020, afectando especialmente a Nicaragua, Honduras e Guatemala, onde causou graves danos e inundacións:

  • 3 millóns de persoas afectadas
  • 200 persoas falecidas ou desaparecidas
  • Miles de persoas sufriron grandes perdas materiais e económicas

Dende as ONG xesuítas, Entreculturas e Alboan, estamos a apoiar as nosas organizacións aliadas nos países máis afectados polo furacán: Fe y Alegría, ERIC – Radio Progreso, Cantera, entre outras. A resposta ás persoas evacuadas nos albergues céntrase en:

  • Atención inmediata ás necesidades básicas: bioseguridade para previr o covid, auga, alimentos, mantas e roupa
  • Apoio á reconstrución de instalacións e centros educativos
Compartir: