O 28 de marzo de 2025, Myanmar sufriu dous terremotos de magnitudes 7,7 e 6,4, os máis intensos en máis dun século, que afectaron gravemente as rexións de Sagaing, Mandalay, Magway, Bago, Shan Oriental e Nay Pyi Taw. Máis de 3.750 persoas perderon a vida ata o de agora e miles máis están feridas ou desaparecidas. A devastación agravou a xa grave situación de conflito e desprazamento que vivían moitas comunidades nestas rexións.
Antes do terremoto, case 20 millóns de persoas en Myanmar (un terzo da poboación) xa necesitaban asistencia humanitaria debido ao conflito prolongado, a escaseza de alimentos, o acceso limitado aos servizos públicos e a crise económica que atravesa o país. Coa catástrofe, estas vulnerabilidades víronse aínda máis agravadas, especialmente en zonas rurais e máis afastadas.
As necesidades máis urxentes inclúen atención médica para as persoas feridas, auga potable, alimentos e refuxio. O sistema de saúde, xa fráxil debido ao conflito, foi gravemente afectado, con hospitais destruidos e un aumento do risco de brotes de enfermidades.
Ademais, as infraestruturas quedaron gravemente danadas, o que complica aínda máis a chegada de axuda, e as comunidades máis remotas, moitas delas rurais, enfróntanse a dificultade maiores para acceder aos recursos e servizos humanitarios.
Como estamos a responder?
A Compañía de Xesús en España, a través das súas obras de cooperación Alboan e Entreculturas, quere sumar o seu apoio ás redes de solidariedade coas que colaboramos no país, como a Provincia Xesuita en Myanmar e outras organizacións locais.
Nestes momentos, estamos a apoiar a distribución de alimentos, auga potable, subministracións médicas e materiais para a construción de refuxios temporais. Tamén se están habilitando espazos en igrexas, escolas e centros comunitarios para acoller as persoas afectadas. Sen embargo, a magnitude do desastre require máis apoio.
Coa túa axuda poderemos proporcionar asistencia inmediata ás persoas cuxas vidas foron devastadas polos terremotos en Myanmar, permitindo a entrega de recursos esenciais.
Se podes, colabora.
